sábado, 12 de febrero de 2011

Entre o galego, Rubik e Marte.

Hoxe é un deses días nos que pensas que es un inútil por non facer que signifique algo, un belisco de algunha cousa apartado no tempo, na vida social dos demais.
É mais, pensas que es un rematado inútil.
Esa inutilidade ven acentuada polos impulsos tolos que percorren o teu corpo cando despois de dar unha última viraxe es quen de finalizar o maldito cubo de Rubik.
Sera fillo de puta ese Rubik!
Logo, cando o rematas, diste a ti mesmo, volvámolo intentar!Tirando pola borda todos aqueles odios a ti mesmo porque duas malditas esquinas de merda non queren colocarse no sitio adecuado, máis si se senten traballadoras cando de minarche o humor se trata.
Tolerías esnaquizadas como os memos cubiños que forman o señor cubo.
Merda todo. PVC a base. Plastiquiño coloreados na superficie. Un invento dos humáns, que coma moitos, quere facer tolear os humáns, unha especie de rompecabezas intelixente, que loita co seu creador.
Ás veces penso se non seremos nos menos intelixentes, a pesares de andar inventando cada vez mellores tecnoloxismos para facer a nosa vida máis cómoda, e a poder ser, mais fructificante.
Onte lía nunha revista, o Semanal XL, que atoparan rochas calcáreas en Marte, algo que intensificou as gañas dos científicos que loitaban pola máis pequena mostra do líquido esencial en Marte, xa que o parecer, o proceso desas rochas tivo que producirse en presencia da magnífica auga.
E agora ven peor.
Deixemos de loitar por este planeta, total, se atopan auga en Marte, colonizarémolo.
Imbéciles.
E que non se dan conta do que fan? Ás veces dubídoo, dende a máis mínima vista dun ignorante rapaz galego, que aínda non acadou a maioría de idade.
Realmente, non sei a que ven todo isto, tampouco sei porque hoxe estou así, cando onte estaba exultante (os meus netos poderán vivir en Marte), agora, mentres o maldito cubo de Rubik me mira dende a impresora bótome a escribir en galego cunhas gañas que me saen do quebranto pausado sempre latente que está a padecer a miña lingua.
Quizais nunca quixen odiala de verdade. A fin de contas é parte da miña identidade, pero odiaba ocupar tres horas máis do meu horario con esto.
Paréceme que unha llingua é un instrumento para comunicarnos, entendernos e comprendernos, non para ser chapada nin recitada.
Quen o queira facer que o faga, pero a min me resulta vomitivo.
Posiblemente non volva escribir en galego, así que gardo cunha pizquiña de cariño algo máis normal do normal esta pequena entradiña que seguramente, en medio hora, olvidarei ata eu mesmo.
Cousas da idade.

(23 de febreiro de 2009)

Que errado estaba! Volvín a escribir en galego, con moitas máis gañas, con moito máis fervor, e sentindo que de veras formaba parte do que eu era.
En canto a Rubik, xa non ten misterios pra min.