lunes, 8 de julio de 2013

Rima XLIV


Coma pétalos, 
os seus beizos,
vermellos, encarnados
facíanme cóxegas,
no oscuro silencio
dos bicos roubados.

Coma cereixas
do tórrido verán,
como frutas frescas
dábanme vida
no apartado mundo
que creamos xuntos, 
lonxe de loitas e guerras,
preto un do outro,
espidos.

Coma vermellas mazás
do laranxa outono,
endulzamos a lingua.
Dulces, saborosos,
húmedos, quentes,
baixaban os beizos,
subían os desexos,
pra facerse carne,
pra rematar coa fame
que nos fixo pensar
que se podía facer o amor
sen amar.