jueves, 3 de noviembre de 2011

Rima XXX

Dixera adeus a hortiña do pai,
con bágoas enxugadas e tinxidas
de dor e penosidades.

Dixera adeus ó tufo do pan do forniño da tía Maruxa,
adeus ós venres de xolda tralo chollo,
dixera adeus á nai que o amamantara.

Cunha carraxe endemoñada,
dixera adeus á casiña que habitara,
adeus ó fume da lareira,
ás castañas marróns
do laranxa outono.

Dixera, sen máis,
que se ía.
Que a saber cando volvía,
e se ese saber,
non se perdía
no mar de soños,
dúbidas,
medos,
e descubrimentos,
que ante tantos se abría.

Nai morreu,
e pai tamén.
De Lolo, Pedro
e Suso o de arriba,
non volvera saber nada.
E en Galiza,
naquela terra que o vira nacer,
xa non quedaba nada.
Xa non lle quedaba nada.


Castelao "En Galiza non se pide nada, emígrase"


1 comentario:

Ricardo Souto Morano dijo...

Ti xa tes horta Adrián, o que na teña, ten que tratar de mercala ou arrendala,epoder sacarlle produtividade. aquí, e para aquí, saudos