lunes, 7 de mayo de 2012

Rima XXXVIII. Do namoramento entre un home e unha lingua.

Déixame namorarte, bela lingua,
como só ti me sabes namorar.
Fermosa pomba dourada,
bicada por tantos,
dozura nos teus beizos pousados.
Déixame namorarte, bela lingua,
como só ti me sabes namorar.
Déixame, galego, sentirte forte,
nos meus brazos de poeta,
nos meus beizos de pobo,
na miña vida sen sorte.
Déixame namorarte, bela lingua,
como só ti me sabes namorar.
Déixame sentirte miña, 
para logo marchar con outro,
e que mil facianas túas poidamos retratar.
Déixame, bela lingua, doce bico,
a túa esencia máis pura,
pois non hai pra min muller
que amose tanta fermosura.