domingo, 27 de noviembre de 2011

Rima XXXI.

Os ecos do monte,
resoan na ialma,
No colo, un neno pequeno
que chora sen calma.

Non chores,
meniño, non chores.
Non chores
que as bágoas son caras.
Que os aires
tinxidos de medo,
xa choran por todos,
xa tran mortos e mágoas.

No fresco do río
"vermello" asolaga.
Arrastra o sangue dos mortos.
Dos homes que recibiron balas.

Non chores,
meniño, non chores.
Non chores,
que as bágoas non mandan.
Que rixen uns poucos no mundo,
e eses non merecen nada.

Nen choros, nin prantos,
Nen bágoas, nin mágoas.
Que asasinando ó mundo,
asasinan tamén a súa ialma.

jueves, 3 de noviembre de 2011

Rima XXX

Dixera adeus a hortiña do pai,
con bágoas enxugadas e tinxidas
de dor e penosidades.

Dixera adeus ó tufo do pan do forniño da tía Maruxa,
adeus ós venres de xolda tralo chollo,
dixera adeus á nai que o amamantara.

Cunha carraxe endemoñada,
dixera adeus á casiña que habitara,
adeus ó fume da lareira,
ás castañas marróns
do laranxa outono.

Dixera, sen máis,
que se ía.
Que a saber cando volvía,
e se ese saber,
non se perdía
no mar de soños,
dúbidas,
medos,
e descubrimentos,
que ante tantos se abría.

Nai morreu,
e pai tamén.
De Lolo, Pedro
e Suso o de arriba,
non volvera saber nada.
E en Galiza,
naquela terra que o vira nacer,
xa non quedaba nada.
Xa non lle quedaba nada.


Castelao "En Galiza non se pide nada, emígrase"


Rima XXIX. Hoxe

Hoxe mírote,
e non sei aínda ben,
se es presente do presente,
negra sombra do pasado,
ou luz fugaz do futuro.

Hoxe mírote,
e cando me miras,
aínda tremo.
Aínda me asaltan dúbidas
se debín ou non
dicirche "Te quiero".