lunes, 9 de julio de 2012

Xa volvo, Galiza. Xa volvo.

Eu, á contra que Rosalía, digo: Xa volvo Galiza, lugar de meigas, auga e ceo gris. Terra miña, meu fogar, do que nunca debín marchar.


Eu, á contra que Rosalía, non pregunto que fan os casteláns ós galegos, senón que volvo querendo recordar a experiencia vivida na carne sempre.


Eu, á contra que Rosalía, aínda logo de maldiciren unha e outra vez o que eu considerara boa sorte, levo un bo recordo desta terra árida na que mesmo os ríos levan auga seca.


Volvo a Galiza, terra onde nacín, baixo figueiriñas que dan sombra, e onde a cor verde manda por enriba do gris. 
Volvo á miña Galiza, de augas frías e bravas, de océano atlántico por mar.  Volvo á terra dos meus paternos antepasados, das aldeas e os domingos en familia.


Volvo pra respirar ar non contaminado co vicio de teren de seu unha soa lingua. Volvo pra vivir un periodo de descanso entre tanto viaxe contra o mundo.


Volvo, Galiza, volvo, antiga amiga. Volvo con máis forza que nunca, desexando bicarte e abrazarte, e darche os aloumiños que mereces noite tras noite.


Volvo, Galiza, volvo. Volvo, e espero que sexa pra quedarme.