martes, 3 de agosto de 2010

Morriña (Rima X)

Aquel sentimento fondo,
que gardamos baixo as unllas,
baixo as meixelas.
Que doe,
como o mazo do poderoso,
coma a espada do nobre,
como o golpe do destro.

Aquel sentimento gris,
como os días de choiva
na terra.
Choiva,
que tinxe de gris,
os pastos,
os bosques,
os ríos.
Todo.
Branco e negro.
Tenrura pálida.
Brillo máxico.

Aquel sentimento,
que vén dos tempos
inmemoriais.
Aquel sentimento,
que sempre vive,
que se acomoda,
que se fai felme.
Que nos inunda,
que afonda en nós.
Que fai que lembremos.

Ese sentimento.
Ese,
tachado
de inexplicable.


Aquel,
que fóra
universal.
Nos confíns
americanos.
Aquel,
que cheou barcas,
remos,
e viaxes.
Vidas.

Aquel sentimento,
fero,
oscuro,
e claro.

Aquel sentimento
que nos fai únicos.
A uns cantos.

A quen ten que facer únicos.
Morriña.


Morriña,
que contigo,
por ti,
e de ti,
morro.

Morriña,
dozura,
beizos apaixoados,
bicos roubados.

Morriña,
tenrura,
sinxeleza.
Prantos salgados.

Morriña.
Ai, terriña.
A miña terriña!
Que será de min,
cando leve comigo
tanta morriña?