jueves, 31 de marzo de 2011

Rima XXVI. Puebla de Sanabria

Hai tempo que non coñecía
Muller de fermosura furtiva.
Morena, de escuros ollos,
De alma clara: luz dos meus soños.

Fora parar ó meu sino
Entre erros, papeis e agravios.
Sempre andarei a preguntar,
No íntimo dos meus presaxios
Que mares, ríos, ou fontes,
Eran fonte dos seus brazos,
Infinitos e fortes regatos.

Con loucura eu devecía,
Na miña existencia,
No solo dos días,
Entre catro paredes,
Pola súa boquiña.

Non pensara nunca,
No preto que dela estivera.
Eran cousas do azar, ás de poesía,
Encontros fortuítos.
Un día despois doutro día.

Eran túneles seus ollos,
Que falaban de poesía,
Do lago máis famoso,
Preto da terra Galicia.

Era ben guapa,
E xeitosa.
Dona da miña poesía.
Nunca saberei que foi dela.
Ai! A miña sanabresiña!

Hai tempo que non coñecía
Quen me dese tanta ledicia.
Coa su mirada cóxegas me facía
Ai! A miña sanabresiña!

Hai tempo que non percibía
Beleza e á vez sabiduría.
Non sei que será cando me vaia
Ai! A miña sanabresiña!

Dise agora que de amor non se morre,
Máis non é certo, firma a mesma poesía.
Non queda moita máis vida,
Máis eu partirei feliz
Esperando deixar nos seus beizos,
Sorrisos e alegrías.
A última por quen tolo volvín.
A miña sanabresiña.

No hay comentarios: