lunes, 25 de enero de 2010

Oda ás preposicións

¿Que é prepór?
¿Chámaste, verbo?
Agarda, píntote.
Agarda, xa te atopei.
Pousa, retrátote.
Prepór, novo son.

¿Como propór sen prepór?
¿Como falar sen articular?
¿Como misturar o ben e o mal?
Propón a preposición.

Se cabe, déixao atrás.
Se non, diante.
Olvida os perantes,
durante a túa parrafada.
Non esquezas,
en troques,
os aes, os baixos,
as contras,
traizoeiras.
Non propoñas
sen prepór,
antepón
unha preposición.

Sensual,
sube,
pola túa gorxa.
Agarimos do padal,
lingua entre os dentes.
Non propoñas
sen prepór.

Beizos
abertos,
repletos de palabras,
que calan,
que non din,
que axudan a dicir.
Propoño prepór,
propoño
preposicións.

Caladas,
susurrantes,
vacías de senso e forma.
Limitadas,
enteiras,
máis unha cousa
delas é certa.

Prepór sen preposicións
non é prepór.
Prepón con preposicións,
que a outra cousa
non chama
o prepór.

No hay comentarios: