viernes, 7 de mayo de 2010

Por querer saber de máis...

Son tempos difíciles. Levo escoitando esa frase, esa PUTA frase case dende que nacín. Son tempos difíciles, qué coño. Eu, ignorantemente feliz, trataba, desgraciado de min, de tentar comprender tales significados, das caras de preocupación que poñía a xente cando se daban o luxo de ser analistas sociais por uns minutos, eu quería vencellar esa frase a algún feito que poidese dar conta do verdadeiro significado. Eu, parvo sempre, tiña unhas ganas terribles de sentir que podía con máis do que realmente podía, iso da "madurez" e toda esa merda que cando tes que demostrar que o tes, non o fas, por capricho, por que non a tes de verdade, ou por que simplemente queres demostrarlle ó mundo o bo que eres agochando o que sintes. Eu, imbécil, subnormal, gilipollas, e unhas cantas cousas máis, eu, que sempre quixen sabelo todo, quería saber que carallo podía significar aquilo.
A resposta non estaba na plastilina, iso seguro. Ela non falaba.
Pasaron os anos, e eu, fun pouco a pouco dándolle senso a esa merda de frase, fun entendendo pouco a pouco todo o que significaba, o que conlevaba, e eu, mágoa non sabelo antes, descubrín que "son tempos difíciles" dificulta seriamente ós bos tempos.
E canto máis o entendo, canto máis sei de que vai, máis disconforme se me antolla a realidade vectorial V3 e menos linearmente depende o ser feliz do vivir.
Mágoa que de ser feliz todavía non teña un significado completo.
Mágoa que eu, coas ansias de saber, decidise coñecer o peor que se pode chegar a coñecer.
Dor e o que sinto cando descubro, co paso do tempo, o erróneo e perigoso que é querer coñecer de máis.
E eu aínda non aprendín a ser dolorosamente feliz, por que non sei ser feliz.

No hay comentarios: