martes, 18 de mayo de 2010

Claro! Mira que son parvo!

A resposta estaba diante de min. Nos mesmos fociños. Como a ovella que se ve reflexada nos ollos do lobo e imaxina a súa sangue quente percorrendo os caninos dentudos do can fero.
E que non podía ser máis obvia. A resposta era simple, era sinxela, máis que nada.
As cousas simples. Claro... Iso era... Non tiña que coñecer nada, non tiña que ir máis aló, a vida non era viaxar sen máis, rumbo Norte, sen coñecer nin sequera o uso da brúxula. Non, a vida era decatarse de que se vive, e recoller das cousas simples a felicidade que está nas pequenas partículas, acurrucada entres os electróns e o núcleo do átomo infinitesimal.
E percibes, cando te das conta, o pouco que costa sorrir. E que é certo, iso sobre todo, non son contos, non son tolerías dun cordo que perdeu a cordura... NON! É CERTO!
Mira, mira, fíxate ti senon... Un paxaro pia forte sobre unha fonte, a luz do sol levántate da cama con algo máis de enerxía do habitual (algo máis?), o sonriso de aquel de aló, os reencontros, a saída do tunel pasaxeiro (claro coño, claro, que era pasaxeiro), as mans xuntas de dous amigos, sentir as engurras do tempo nun aloumiño intenso, ver nos ollos de alguén que non pode vivir sen ti...
Sorrís. E daste conta de algo que che ten que servir, pra sempre, porque se non fose así, serías certamente imbécil.
Tes a felicidade ó alcance da mao. E a terás sempre. A vida non é a sua busca, é o descubrir. O aprender a ter o xusto para facer espertar dunha folla murcha todo o que da de sí.
E, sorrir, sen máis. Contento, feliz, co vento sempre o teu favor, maxinando no serán a beleza do seguinte espertar.

No hay comentarios: